Como é o meu papá

Os alumnos de 3º Curso de primaria no Día do pai fixeron estes debuxos para ilustrar un libro que quedará na Biblioteca do centro para que todos o poidades ollar.

PARA QUE LES


Os alumnos de 6º curso participaron no Clube de Lectura Virtual Implicadas, Para qué les con este foto e texto.

Como é o meu papá

Polo Día do pai os alumnos de Infantil de 5 anos fixeron un dibuxo baixo o lema "Como é o meu papá". E isto é o que fixeron. Son uns artistas. Con todos eles fixemos un libro.

Carlos Coira. A lectura, o libro e o lector


O libreiro e editor lucense Carlos Coira impartiu na Biblioteca do colexio unha charla coloquio para pais e mestres sobre "A lectura, o libro e o lector".

Foi unha aproximación moi interesante ao mundo do libro.


Falou de 10 dereitos imprescindibles que debe ten un lector según Pennac

1. Dereito a non ler.

2. Dereito a saltar as páxinas.

3. Dereito a non rematar o libro.

4. Dereito a reler.

5. Dereito a ler calquera cousa.

6. Dereito ao bovarismo (enfermidade de transmisión textual).

7. Dereito a ler en calquera sitio.

8. Dereito a pasar as follas.

9. Dereito a ler en voz alta.

10. Dereito a calar.


Tamén nos falou de animación á lectura, de como organizar unha biblioteca e de que non hai libros axeitados para cada idade porque os nenos sorpréndenos cos seus diversos intereses sobre libros e lecturas.

A lectura ten que ser personal, aberta, libre, que cada un a tome como millor lle vaia e nos os adultos temos que darlles todas as posibilidades para que lean, dixo Coira.


Esperamos velo de novo pola biblioteca porque ademáis de ser un profesional do libro tamén é un excelente mago.

HOXE CARLOS COIRA NA BIBLIOTECA


24 Marzo 2010


Carlos Coira é un libreiro lucense que rexenta a Librería TRAMA, a única librería de Lugo que organiza sesións de contacontos, cursos de narración, presentacións e colaboracións diversas con periódicos, colexios...

Tamén é fundador de Tris Tram, editorial que nace en 1994 coa vocación de traducir ó galego relatos breves da literatura universal, pezas de autores como Dickens, Poe, Hoffmann ou Balzac que apenas tiñan presencia no noso panorama literario.
En paralelo a esta liña editorial foron nacendo outras –poesía, teatro, ensaio– que recollen textos de autores contemporáneos galegos coa característica común de ofrecer unha visión propia e clara deste tempo e deste lugar.


Coira é un profesional interesado no fomento de la lectura dende os máis pequenos e dende as familias por eso esta tarde ás 17:00 na Biblioteca do Colexio compartirá con nos toda a súa experiencia sobre “A lectura: o libro e o lector”

Día da Poesía

O día 21 de marzo está declarado pola UNESCO Día Mundial da Poesía. Nun día como éste, temos claro que sobran os motivos para adicar unha parte do noso tempo a ler poesía. Cál é o teu?

Día da Poesía


FELIZ DÍA PAPÁS


Meu papiño é moi bo

igualiño que mamá

érguese moi cediño

e vouno saudar.


Súbome ó seu colo

e póñome a cabalgar

iño, iño cabaliño

que bo é o meu papá

Ensinaraslles a voar,

pero non voarán teu vo.

Ensinaraslles a soñar,

pero non soñarán teu sono.

Ensinaraslles a vivir

pero non vivirán a túa vida.

Nembargantes...

en cada vo,

en cada vida,

en cada sono,

perdurará sempre a pegada

do camiño ensinado.

Teresa de Calcuta


Mulleres da Historia

San Valentín

Por San Valentín no taboeiro da entrada da biblioteca colocamos un sobre co nome da cada neno e nena de 2º e 3º ciclo. A actividade consistiu en mandar unha poesía inventada por eles e dirixida o compañeiro/a ou compañeiros/as que desexen. Cada neno e nena recibui cadanseu poema. Houbo moita expectación o día da apertura dos sobres. Os nenos estaban moi emocionados. Foi unha actividade que involucrou a totalidade do alumnado.

San valentín poesías sen fin

Nenos do Cable

Nenos do Cable

Mentres aquí andamos discutindo sobre a autoridade dos mestres, facémonos mil líos sobre a educación e non sabemos que facer ante o fracaso escolar; mentres milleiros de nenos e xóvenes abúrrense e buscan mil excusas para non ir ó colexio, existen lugares nos que, a pesares das dificuldades, a pesares de gobernos despreocupados, a pesares da violencia, a pesares de todos os pesares inimaxinables, as ganas de aprender non atopan obstáculos. Este video é absolutamente elocuente, espectacular.

DIA ESCOLAR DA PAZ


O luns 1 de febreiro celebramos o Día da Paz cun acto no patio ao que asistiu todo o centro. Fixémolo o luns porque o venres 29 non parou de chover.

Os nenos formaron a palabra PAZ, os mais cativos 1º, 2º, 3º de Educación Infantil e 1º de Primaria formaron o P; os de 2º, 3º e 4º de primaria formaron o A, e os alumnos de 5º e 6º cursos formaron o Z.

Todos levaban a cabeza cuberta cunha gorriña feita por eles e lanzaron uns globos da paz que surcaron os ceos por varios minutos.

Aquí tedes algúns enlaces para saber máis acerca deste día




UNIDADE DIDÁCTICA: Un gol pola Educación

EXPOSICIÓN DE POEMAS E LEMAS DE PAZ EN SOPORTES ORIXINAIS

Dende a Biblioteca propuxemos ós nenos de todos os cursos facer unha actividade moi sinxela na que poden participar tódolos nenos e nenas e os máis pequenos coa axuda dos seus pais. A Actividade consiste en facer poesías ou lemas sobre a paz e a tolerancia escritos sobre soportes orixinais. A resposta foi moi ampla e fixemos unha exposición moi orixinal que ata saíu no periódico. Aquí vos deixo unhas fotiños dela.

Exposición Día da Paz

Festival de Nadal

Que bonito está o colexio en Nadal, hai un bulicio especial. O colexio ambientouse coa decoración propia destas datas, unha árbore que este ano é rosa, un enorme Papá Noel cun saco cheo de regalos que fixeron as nais de Infantil e que por certo pégame uns sustos cada vez que vou para o comedor.... Todos colaboraron: profesores, alumnos, pais... para facer un Nadal especial.
Fixemos unha festa no ximnasio na que houbo actuacións musicais e obras de teatro, viñeron a visitarnos os Reis Magos dende Oriente e pasámolo moi ben. Foi un bo remate do Primeiro Trimestre.¡Que pasedes un bo Nadal, tédelo ben merecido!. Vémonos en Xaneiro. Eulín

Festival de Nadal

Exposición de traballos de Nadal

Os nenos e nenas de Infantil, axudados polos seus pais, fixeron as figuras de Xosé, María e Xesús no portal de Belén a partires dunha silueta. O resultado foi espectacular, aquí tedes a mostra da gran creatividade que amosaron.

Traballos de Nadal Infantil